O nacionalismo galego lembra a Moncho Reboiras no 45 aniversario do seu asasinato

O nacionalismo galego lembra a Moncho Reboiras no 45 aniversario do seu asasinato
Ofrenda floral no portal da rúa da Terra onde mataron a Reboiras | jorge meis

Ferrol continúa a lembrar o asasinato do dirixente nacionalista Moncho Reboiras, por parte da policía franquista, na rúa da Terra, o 12 de agosto de 1975. Ao acto político que se desenvolveu no Cantón sumouse a estrea dun documental nos cines Dúplex, dirixido por Alberte Mera. Tamén, como é habitual, depositouse unha coroa de flores no lugar onde lle dispararon.

No acto do Cantón participaron o deputado do BNG no Congreso e secretario xeral da UPG, Néstor Rego; o parlamentario autonómico Ramón Fernández e a tamén deputada Iria Carreira, do Secretariado da UMG.

O nacionalismo galego lembra a Moncho Reboiras no 45 aniversario do seu asasinato

Te puede interesar