Máis de 700 nenos participarán nos campamentos de verán que oferta o Concello de Ferrol

Máis de 700 nenos participarán nos campamentos de verán que oferta o Concello de Ferrol
Imaxe dun dos campamentos organizados polo Concello de Ferrol

A concellería de Igualdade, á fronte da que se atopa a edila Elvira Miramontes, vén de publicar a lista de nenos e nenas admitidos nos campamentos de verán na zona urbana e no rural. “En total, 716 nenos participarán nos campamentos durante os meses de xullo e de agosto. Deles, 520 asistirán aos campamentos urbanos e 196 aos rurais”, revelou a concelleira.


A primeira quincena de xullo é a que maior demanda ten, con 185 menores inscritos nos campamentos urbanos e 60 no rural.

 

 Con respecto ao 2023, produciuse un incremento do 25%, xa que nese ano o número total de nenos e nenas participantes foi de 542 (368 nos campamentos urbanos e 174 nos rurais).


Unha vez máis, a concelleira recordou que “o obxectivo dos campamentos é facilitar ás familias a conciliación durante o período estival, ao tempo que os nenos e nenas poden desfrutar dunha oferta lúdica que lles permita aprender e relacionarse”. 


Este servizo está destinado a menores con idades comprendidas entre os tres e os 13 anos e desenvolverase nos meses de xullo e agosto nos CEIP Ánxela Ruíz Robles e Ponzos (ámbito urbano) e no local da asociación de veciños de Esmelle (ámbito rural).


O servizo prestarase de luns a venres, agás festivos, en horario ordinario, de 09:30 a 13:30 horas, e ampliado, de 08:30 a 14:30 horas.
 

Máis de 700 nenos participarán nos campamentos de verán que oferta o Concello de Ferrol

Te puede interesar