Inversión de 750.000 euros en Ferrol para a renovación de equipamentos cirúrxicos

Inversión de 750.000 euros en Ferrol para a renovación de equipamentos cirúrxicos
Visita de Jorge Aboal aos bloques cirúrxicos do CHUF I CEDIDA

A Xunta inviste máis de 750.000 euros na renovación do equipamento cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Así o constatou o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, que onte visitou aos responsables destes módulos e interesouse por distintas cuestións asistenciais.


Os novos equipamentos inclúen catro mesas de anestesia e lámpadas cirúrxicas. No primero caso son máis de 200.000 euros e ubícanse nos quirófanos de Cirurxía, Cirurxía Robótica, Traumatoloxía e Otorrinolaringoloxía. Inclúe tanto o Marcide coma o Naval. As lámpadas, xa instaladas, teñen un custe superior aos 72.000 euros e ubicáronse en tres quirófanos do Marcide (Urxencias, Uroloxía e Cirurxía) e nun do Naval (o que empregan Traumatoloxía, Dermatoloxía e a Unidade de Dor).


A maiores, indican desde o Sergas, están licitadas estacións de quirófanos para ámbolos dous centros hospitalarios, por máis de 193.000 euros, na actualidade pendentes de entrega; así como equipamento radiocirúrxico por valor de máis de 284.000 euros.

Inversión de 750.000 euros en Ferrol para a renovación de equipamentos cirúrxicos

Te puede interesar