O hospital de Ferrol forma en reanimación e uso de desfibriladores

O hospital de Ferrol forma en reanimación e uso de desfibriladores
Os talleres de reanimación impartíronse na entrada do Arquitecto Marcide I CEDIDA

A Área Sanitaria de Ferrol conmemorou na mañá deste luns o Día Mundial de Concienciación sobre a Parada Cardíaca con talleres prácticos dirixidos á poboación no vestíbulo do Hospital Arquitecto Marcide impartidos por persoal da Unidade de Coidados Intensivos. Tamén se difundiu información xeral a través da web da área sanitaria.

 

Con esta actividade divulgativa preténdese estender á poboación os coñecementos en técnicas de reanimación e no uso de desfibriladores semiautomáticos, ademais de favorecer as políticas de implantación destes dispositivos en espazos públicos. Detectar unha parada, activar os servizos de emerxencia e iniciar compresións torácicas (Comproba, Chama, Comprime) son accións básicas que poden supor a diferencia entre a vida e a morte. Desde a área sanitaria indican que, en casos de parada, o uso de desfibriladores aumenta o número de sobreviventes a un 20%, fronte a un 5% se non se toman medidas.

O hospital de Ferrol forma en reanimación e uso de desfibriladores

Te puede interesar