O froito colectivo do obradoiro de poesía tradicional coordinado por Antón Cortizas preséntase en Canido

“Eu cantar, cantar, cantarei...” é o título no que participan oito autores locais
O froito colectivo do obradoiro de poesía tradicional coordinado por Antón Cortizas preséntase en Canido
O encontro terá lugar no centro cívico de Canido | CEDIDA

“Eu cantar, cantar, cantarei...” é o título do obradoiro de poesía tradicional que impartiu o escritor Antón Cortizas Amado en Canido, así como do libro que se presentará este mesmo venres, a partir das 20.00 horas, no centro cívico do barrio.


A finais do mes de setembro do ano pasado comezaba este taller, que foi organizado pola Escola de Escritoras e Escritores da AEGL, a mesma entidade que posibilita a publicación.
 

Trátase dunha obra de creación colectiva resultado da asistencia a dita actividade, polo que participan Xeliños Álvarez Alvariño, Chelo Carballal Balsa, Antón Domato, Nuria García Gonzalo, Chus Ríos López, Enrique Rodríguez, Carme Romero e Antonio Tizón.


Ademais, para a derradeira sesión do obradoiro ofreceuse unha xornada especial chamada “A foliada da vila”, que convidou a Xurxo Souto e Richi Casás, este último co fin de divulgar os cantos da súa avoa e madriña Rosa e Adolfina, dúas cantareiras de Cerceda ás que se homenaxeou nas Letras. 

O froito colectivo do obradoiro de poesía tradicional coordinado por Antón Cortizas preséntase en Canido

Te puede interesar