O fotoxornalismo galego loce na “Galicia en Foco”, coa última parada en Sillobre

Esta exposición mostra as imaxes dos feitos que se destacaron nos xornais de dentro e fóra da Comunidade
O fotoxornalismo galego loce na “Galicia en Foco”, coa última parada en Sillobre
Parte da mostra que acolle a SCDR de Sillobre, en Fene | EMILIO CORTIZAS

Esta semana inaugurouse na Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa –SCDR– de Sillobre a exposición “Galicia en Foco”, que dende 1989 organiza o Club de Prensa de Ferrol. A proposta, que permanecerá dispoñible até o 23 de agosto, remata o seu itinerario nesta parroquia fenesa, que a organización destaca pola súa implicación na cultura, como demostrou sendo unha das primeiras da Comunidade que dedicou grandes actos á celebración das Letras.


As obras presentadas ao certame lembran algúns dos acontecementos de maior trascendencia acontecidos no 2023, que ocuparon páxinas de xornais tanto de dentro como de fóra de Galicia. Entre elas figuran algunhas das capturas realizadas por profesionais deste Diario, Jorge Meis e Emilio Cortizas, así como a obra premiada coa Foto do Ano, “Mázcaras”, de Brais Lorenzo, e Serie do Ano, “Campaneiros”, de Iñaki Abella. Galicia en Foco constitúe o primeiro movemento fotográfico que se realiza dende a cidade para toda a Comunidade Autónoma, que ademais reivindica o traballo destes profesionais. 

O fotoxornalismo galego loce na “Galicia en Foco”, coa última parada en Sillobre

Te puede interesar