A agrupación de Ferrolterra Arroás propón achegarse este mesmo venres, ás 20.30 horas, á AVV O Cruceiro de Valón, para coñecer o seu proxecto de música folk creativa.
Todo o repertorio que ofrecerán é orixinal, baseado na tradición galega, e cada un dos temas dedícase a un lugar da comarca. O trío usa percusión lixeira, pito pastoril galego e baixo eléctrico, así como voz, que se utiliza como instrumento melódico tanto en temas con letra como sen ela.