Estudantes da comarca aliáronse onte coa música para defender o galego nunha nova edición, a vixésimo novena, do Festival A Mocidade coa Lingua impulsada desde a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra co apoio do Concello de Ferrol.
Uns 800 mozos e mozas asistiron como público á cita celebrada pola mañá no Auditorio da cidade naval para gozar da música das bandas Ruxe Ruxe e Bitter Cans, así como das catro formacións de centros de ensino da zona coas que se completou o cartel: L.V.L. do CPI Atios; Benidorm Apest do Tirso de Molina; Arredemo, do IES de Fene; e As filhas do crego, do IES Ricardo Carvalho Calero.