Ferrol mantén a tradicional cabalgata, que chega hoxe a zona rural e mañá ao centro

Ferrol mantén a tradicional cabalgata, que chega hoxe a zona rural e mañá ao centro
Imagen de archivo de una cabalgata | Jorge Meis

O Concello de Ferrol informou onte do percorrido e natureza da Cabalgata de Reis deste ano, que volve estar condicionada pola pandemia. A comitiva real percorrerá mañá as rúas do centro pero hoxe fará o propio nas diferentes parroquias da zona rural.


Este desfile está organizado pola agrupación de asociacións de veciños da zona rural xunto co Concello de Ferrol. Na comitiva tomarán parte catro carrozas e partirán contra ás 15.45 horas das inmediacións do estadio da Malata. O séquito proseguirá o seu periplo por Serantes (16.20), Vilasanche (16.35 horas), Mandiá (17 h.), Pazos (17.20), Santa Cecilia (17.45 h.), Marmancón (18.30 h.), Esmelle (18.50), Covas (19.10 h.), San Jorge (19.30 horas), O Lago (19.50 h.), Xunta Veciñal (20.15 h.), Brión (20.40) e Valón (21.00 horas), tal e como informou onte a edil de Zona Rural, Ana Lamas.


Sen nenos nin caramelos

Os Reis Magos percorrerán mañá as rúas do centro da cidade nunha comitiva integrada por oito carrozas, ademáis de agrupacións musicais de baile, grupos de animación e “moita fantasía”, como adiantou onte o edil de Festas Antonio Golpe. Este tamén adiantou que a celebración deste ano, que volve estar condicionada polo covid partirá ás 17.00 horas de Caranza, (preto do colexio La Salle), e rematará fronte ao Teatro Jofre, onde as súas maxestades saudarán desde o balcón a partir das 20.30 horas. Percorrerá por vías amplas, tal e como explicou Golpe, co fin de “evitar concentracións e promover o goce da cabalgata en espazos moi abertos”.


Deste modo, pasará pola Avenida do Mar, Telleiras e a Avenida de Esteiro ata chegar ao Teatro Jofre. “Este ano, por mor da covid, non haberá recepción oficial, non se distribuirán caramelos e as carrozas non levarán nenos”, como explicaron desde o goberno local


Así mesmo, a cabalgata estará formada “por oito carrozas, varias agrupacións musicais, formacións de baile, grupos de animación e moita fantasía”, como subliñou o edil de Festas, quen invitou á poboación a gozar da cabalgata con “responsabilidade e mantendo as medidas de protección”.


Durante o traxecto, arroupará a comitiva real un dispositivo de seguridade integrado por axentes da Policía Local, de Protección Civil e tamén do corpo de Bombeiros. Ademáis se desprazará unha ambulancia por se fora necesario trasladar a algunha persona ou dispensar servizos médicos de urxencia.

Ferrol mantén a tradicional cabalgata, que chega hoxe a zona rural e mañá ao centro

Te puede interesar