Denuncian ante Urbanismo o proxecto que impulsa a Comunidade de Montes de San Xurxo na zona do pinar

O proxecto para a recuperación de dúas parcelas promovido pola Comunidade de Montes de San Xurxo na zona do pinar conta con dous expedientes no departamento municipal de Urbanismo. Así o denunciou José Serantes, que explicou que os informes datan de novembro de 2012 e marzo desde mesmo ano. Serantes asegura que o primeiro se corresponde co inicio do expediente dunha orde de execución contra o propietario do solo para proceder a limpar os terreos –fincas 3 e 5 en Vila da Area– e implica unha sanción de entre 300 e 6.000 euros. O segundo expediente alude a un recheo na zona no que, segundo o denunciante, se taparon pedras de grandes dimensións, uralitas e outros materiais, ata cubrir un espesor de dous metros fronte ós trinta centímetros que se permitía. Contra este expediente, a Comunidade de Montes de San Xurxo está aínda en prazo de recurrir ante o TSXG ou persentar un contencioso administrativo.

O actual presidente da Comunidade de Montes de San Xurxo, Manuel Varela, asegurou que o proxecto –presentado tanto no Concello como na Xunta, segundo asegurou– cumple a legalidade e que se fixo precisamente para evitar que continúe acumulándose neses terreos un escombro que, tal como afirmou, depositan alí algunhas persoas anónimas. Varela explicou que xa se entregaron no Concello os xustificantes dos gastos correspondentes ao depósito dos residuos que alí se localizaban a unha empresa autorizada para o seu tratamento. “Algunha xente vai alí a tirar escombro pero non sabemos quen o fai e o único que podemos facer é avisar ao axente forestal para que se tomen as medidas oportunas, que é o que facemos neste tipo de casos”, explicou Varela.

O responsable da Comunidade de Montes de San Xurxo subliñou que a zona na que se pretende actuar –recuperando esas dúas parcelas dunhas dúas hectáreas de superficie– “non está protexida” e indicou ademais que a delegación territorial de Montes da Xunta “díxonos que non había problema en relación co mencionado proxecto”.

Denuncian ante Urbanismo o proxecto que impulsa a Comunidade de Montes de San Xurxo na zona do pinar

Te puede interesar