Os D’Abaixo, Milladoiro, Yves Labert Project e Gabriel G. Diges animan hoxe o Festival Celta

Os D’Abaixo, Milladoiro, Yves Labert Project e Gabriel G. Diges animan hoxe o Festival Celta
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-938da723

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira consigue, entre outras moitas cousas, “unir a diferentes pobos de Europa a través da música folk”. Así o salientaba o xoves na inauguración do encontro o presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso e así se reflicte cada día da cita non só nas rúas senón tamén  sobre o escenario.
No principal, o de Estrella Galicia, hoxe animarán a noite catro formacións. Comezarán, ás 22.00 horas, Os D’Abaixo, un novo proxecto galego con músicos de recoñecido prestixio.
Abrirán paso así, ás 23.30 horas, a unha das míticas bandas da música folk, Milladoiro, que achegarán temas do seu novo disco. A música continuará á unha da madrugada coa banda de Ives Lambert Project (Canadá), músico fundador da emblemática “La Bottine Sourient”, que dará esta noite en Ortigueira o seu único concerto en Europa. O gañador da pasada edición do proxecto Runas, o irlandés Gabriel G. Diges, pechará o cartel deste sábado cunha actuación prevista arredor 02.30 horas.
Entre as actividades previstas para hoxe –continuarán os pasarrúas durante todo o día–, inclúese a proxección dun documental sobre os cuarenta anos de vida do festival. Será ás 20.00 horas no Teatro da Beneficiencia.
Proxecto Runas
Por outra banda, ata a mañá de hoxe o xurado do Proxecto Runas non dará a coñecer o seu fallo. A esta edición concorreron onte tres formacións.
Trátase de Brumafolk (Cantabria), The Taverners (Castela e León) e Beltaine (Polonia).

Os D’Abaixo, Milladoiro, Yves Labert Project e Gabriel G. Diges animan hoxe o Festival Celta

Te puede interesar