O Correlingua celebra un cuarto de século cunha elevada participación en plena “emerxencia lingüística”

A convocatoria realiza un balance positivo desta edición, que neste concello se celebrou no barrio de Caranza
O Correlingua celebra un cuarto de século cunha elevada participación en plena “emerxencia lingüística”
Unha das actuacións deste ano no Auditorio de Ferrol, en Caranza | D. ALEXANDRE

“A mocidade activa por unha lingua viva” foi o lema do Correlingua deste ano, que se celebrou a semana pasada no paseo marítimo de Caranza e no Auditorio de Ferrol, que puxo o foco na importancia das novas xeracións para o futuro do galego. Esta iniciativa organizada pola CIG Ensino, AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística destacou este ano do seu 25 aniversario por contar coa participación de todas as etapas, desde Infantil á FP, sumando un total de 14.000 estudantes de toda Galicia, dos que 1.555 eran escolares de Ferrolterra.


Neste 2025 foron protagonistas os gañadores do Cantalingua, Mekánika Rolling Band, Pauliña e John Deeres, amais da actuación de Paco Nogueiras para os máis pequenos, e como mestres de cerimonias estiveron a actriz Isabel Risco e o cómico Fran Rei.


Os 17 centros docentes da comarca, procedentes dos concellos de Ferrol, Fene, Neda e Narón, contribuíron ao feito de que, segundo sinala a CIG Ensino, “a participación fóra tan elevada nun momento de emerxencia lingüística e no que a pervivencia do galego está en cuestión demostra que tanto profesorado como alumnado non se renden e que asumen con orgullo a promoción da nosa lingua dentro e fóra do sistema educativo”. 

O Correlingua celebra un cuarto de século cunha elevada participación en plena “emerxencia lingüística”

Te puede interesar