Case 3.000 persoas viron a exposición “Ferrol no tempo” no seu primeiro mes aberta

Case 3.000 persoas viron a exposición “Ferrol no tempo” no seu primeiro mes aberta
Imaxe da mostra sobre a historia da cidade que se pode contemplar en Afundación ata o 28 de xaneiro | aec-e.c.

Un total de 2.831 persoas visitaron ata o de agora a exposición “Ferrol no tempo”, que pode verse na sede de Afundación, na praza da Constitución. A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, facilitou os datos neste primeiro mes de apertura e subliñou a boa acollida dunha mostra que, antes de chegar ao seu ecuador, ten unha media de 118 visitas diarias.
 

Aneiros destacou ademais o programa de visitas escolares, que achegou á exposición a 503 alumnos de centros educativos da cidade e que segue en marcha.
 

Tamén o resto da poboación pode participar nas visitas guiadas que se levan a cabo os mércores, ás doce do mediodía, e que dirixe o historiador Guillermo Llorca, coordinador local da mostra. Véñense de engadir dous percorridos comentados polo comisario, Manuel Gago, que se realizarán os días 27 e 29 de decembro, ás 18.30 horas. A inscrición pode facerse no 981 330 280.

 

Reivindicación urbana

“Ferrol no tempo” está promovida pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade e Afundación, dentro dun proxecto de amplo percorrido que se aproximará á historia de todas as cidades galegas e reivindica a dimensión urbana do país. Comezou en Santiago de Compostela e para agora en Ferrol, onde estará aberta ata o 28 de xaneiro.
 

A mostra exhibe 115 pezas, que inclúe obras de arte, fotografías, mapas e documentos históricos, obxectos simbólicos, vídeos e instalacións interactivas. Con eles explórase a identidade da cidade a través de varias seccións que se aproximan á mesma desde diferentes perspectivas. 
 

Cóntase coa colaboración dunha decena de institucións, incluíndo arquivos e museos nacionais como o Museo Naval de Madrid, o Arquivo Xeral de Simancas, Patrimonio Nacional, o Centro Xeográfico do Exército ou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén colaboraron institucións locais como o Ateneo Ferrolán, o Museo Naval, a Diócese ou a Fundación Hospital de la Caridad.

Case 3.000 persoas viron a exposición “Ferrol no tempo” no seu primeiro mes aberta

Te puede interesar