O Ateneo Ferrolán inclúe no repositorio dixital catro libros do médico local Francisco Cabo Pastor

Este autor foi un dos fundamentais na fundación das Irmandades da Fala en Ferrol
O Ateneo Ferrolán inclúe no repositorio dixital catro libros do médico local Francisco Cabo Pastor
Obras de Francisco Cabo Pastor | CEDIDA

Respondendo ao obxectivo da biblioteca e hemeroteca do Ateneo Ferrolán de conservar e difundir a cultura local, a entidade vén de incorporar aos fondos catro obras do médico e escritor Francisco Cabo Pastor (1872-1973), entre as que se atopan os inéditos ”Versos de vida de invierno” e “Poesías Eugénicas”.

 

O autor foi un dos fundamentais na fundación das Irmandades da Fala en Ferrol (1917) e da Solidaridade Galega, amais de asinar a letra do himno das Pontes. Escribiu poesía, narrativa e ensaio, tanto en galego como castelán. Cabo Pastor tamén foi xornalista e conferenciante, destacando polo seu estilo combativo contra o caciquismo e a defensa da lingua.

O Ateneo Ferrolán inclúe no repositorio dixital catro libros do médico local Francisco Cabo Pastor

Te puede interesar