Alumnado do grao en Relacións Internacionais de Ferrol participa nun Erasmus+ en Francia

Alumnado do grao en Relacións Internacionais de Ferrol participa nun Erasmus+ en Francia
Alumnas do Campus Industrial de Ferrol na Université Bretagne Sud | UDC

Durante toda esta semana, nove alumnas do grao en Relacións Internacionais no Campus Industrial de Ferrol participan nun Programa Intensivo Combinado (BIP). Este proxecto nace da colaboración da IA Bretagne Sud da Université Bretagne Sud de Francia, a Univerzita Mateja Bela v Banskej Bystrici de Eslovaquia e a Universidade da Coruña.


Os programas Erasmus + BIPs céntranse especialmente na aprendizaxe de competencias relacionadas coa responsabilidade territorial das empresas e a xestión sostible das organizacións. A formación consiste en desafíos onde os equipos trasnacionais de estudantes traballan de forma conxunta para abordar unha serie de proxectos.

 

 

 


O alumnado participante traballa en equipo de forma colaborativa, combinando un período de traballo en liña xunto a outro de tipo presencial no que todo o estudantado se traslada ao país da universidade organizadora para unha mobilidade curta, normalmente dunha semana de duración.
Todo este proceso conta co apoio e titorización do profesorado das tres universidades participantes. No caso da UDC, o responsable é Félix Puime, o coordinador do grao en Relacións Internacionais.

 

Un campus “internacional”


O Campus Industrial de Ferrol alberga actualmente estudantado de varios países e Comunidades Autónomas. Arredor do 15% de incorporacións no curso 2024/25 son de fóra de Galicia. Isto tradúcese nunha cifra próxima a 180 alumnos, continuando así unha tendencia ascendente que comezou en anos anteriores.


O grao en Relacións Internacionais admitiu un total de 24 alumnos no curso 2024/25.

Alumnado do grao en Relacións Internacionais de Ferrol participa nun Erasmus+ en Francia

Te puede interesar