O acto principal da UDC polas Letras Galegas celébrase en Ferrol e expón “Por que non hei de cantar”

Este título identifica o cancioneiro local e de Elviña, que será interpretado por alumnado de Primaria e Secundaria
O acto principal da UDC polas Letras Galegas celébrase en Ferrol e expón “Por que non hei de cantar”
A praza de Humanidades acollerá o encontro | JORGE MEIS

A praza de Humanidades do Campus Industrial de Ferrol será este mesmo martes, a partir das 11.00 horas, o escenario do acto principal da Universidade da Coruña para conmemorar as Letras Galegas deste ano. No encontro participará alumnado de Primaria e de Secundaria, que interpretarán textos da escolma do cancioneiro tradicional galego, tanto de Elviña coma ferrolán, “Por que non hei de cantar”, un volume publicado polo Servizo de Publicacións universitario.


Ao encontro asistirán o reitor da UDC, Ricardo Cao; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a vicerreitora de Igualdade e Diversidade, Cristina López; e a vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte, Cristina Naya. 

O acto principal da UDC polas Letras Galegas celébrase en Ferrol e expón “Por que non hei de cantar”

Te puede interesar