PONTEDEUME | Luís Pena (BNG): “O noso concello botou pola borda os últimos oito anos; Pontedeume non pode continuar sen rumbo”

PONTEDEUME | Luís Pena (BNG): “O noso concello botou pola borda os últimos oito anos; Pontedeume non pode continuar sen rumbo”
Luís Pena, candidato do BNG á Alcaldía de Pontedeume

Enxeñeiro Agrónomo e profesor na ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, Luís Pena Mosquera (1972), candidato á alcadía xa nas eleccións de 2019, repite nestes comicios liderando o Bloque Nacionalista Galego. Cre que o concello “botou pola borda os últimos oito anos” e que a vila “non pode continuar sen rumbo, gobernados cunha maioría absoluta por un alcalde ausente, exclusivamente preocupado polas súas cobizas persoais e que converteu o concello nunha oficina de colocación para as concelleiras e concelleiros”, di. Considera que a gran limitación do seu partido neste tempo “foi a dificultade de transmitir o gran traballo que se fixo dende o BNG. O goberno do actual alcalde foi capaz, coa súa permanente campaña de autopublicidade, de facernos crer que a política de urbanismo consiste en crear unhas prazas de aparcamento nos cemiterios”, apunta. 

 

Un plan especial de protección e rehabilitación para recuperar un caso histórico espectacular “que están deixando caer en anacos”; a adhesión ao Plan Rexurbe para rehabilitar vivendas e poñelas en aluguer a prezos razoables co obxectivo de fixar poboación, especialmente entre a xuventude; ou a creación dunha Oficina de Rehabilitación, a mellora da mobilidade urbana e o incremento das zonas peonís son algunhas das súas propostas. 

 

Apostan tamén por deseñar un plan para a limpeza de beiravías e camiños e polo incremento dos orzamentos para asociacións e clubes. O seu proxecto de goberno cotempla así mesmo accións de dinamización do goberno local “fomentando as sinerxias co Mercado Municipal e o CIFP Fragas do Eume” e garantindo a seguridade xurídica no uso do solo público para a hostalería. 

 

“Licitaremos todos os contratos, que están cauducados ou que directamente non existen: piscina municipal, escola infantil, alumeado, abastecemento. O 90% do orzamento de Pontedeume é gastado con ‘reparos’ da interventora municipal, é dicir que non cumpren todos os requisitos de legalidade. O BNG ofrecemos un modelo de honestidade e transparencia absoluta”, conclúe o candidato.

PONTEDEUME | Luís Pena (BNG): “O noso concello botou pola borda os últimos oito anos; Pontedeume non pode continuar sen rumbo”

Te puede interesar