A Xunta respaldará con 440.000 euros os CIM e servizos de conciliación da zona

A delegada do goberno galego visitou onte o CIM de Ortigueira, onde anunciou este novo paquete de axudas
A Xunta respaldará con 440.000 euros os CIM e servizos de conciliación da zona
Un momento da visita ao CIM ortigueirés de Martina Aneiros, María Quintiana e Valentín Calvín | Cedida

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, anunciaron unha serie de inversións para a comarca de Ferrolterra. Nunha visita a Ortigueira, acompañadas polo alcalde da vila, Valentín Calvín, visitaron o Centro de Información á Muller deste concello para informar da resolución da convocatoria de axudas concedidas a varios concellos por importe de 12,2 millóns de euros, a través de tres programas: do denominado Plan corresponsables, promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e, tamén de apoio ós centros de información á muller (CIM). 


A Xunta de Galicia investirá preto de 442.000 euros nas axudas dirixidas a estes tres programas en 14 municipios de Ferrolterra. Así, Martina Aneiros lembrou que a Xunta de Galicia segue reforzando o seu apoio aos concellos cunha achega de máis de 5 millóns destinados ao terceiro dos programas, á consolidación dos CIM e ao financiamento do pago de 217 postos de traballo destes centros, o que supón un incremento dun 12% con respecto ao ano anterior. En concreto, nas comarcas de Ferrol, 206.000 euros irán destinados ós catro CIM de Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Ares e Ortigueira.


Na súa visita ao CIM de Ortigueira, a delegada sinalou a importancia que ten que a “nosa comunidade conte cunha ampla rede de centros deste tipo nos que as mulleres reciben información e axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera outro tipo”, destacando a relevancia da colaboración entre administracións para acadar unha sociedade libre de machismo.
 

Por outra banda, a Xunta ten en marcha o Plan integral de renovación e ampliación dos CIMs, para analizar a realidade dos mesmos a través da escoita activa do persoal profesional, e poder elaborar un plan con obxectivos e accións específicas. 

A Xunta respaldará con 440.000 euros os CIM e servizos de conciliación da zona

Te puede interesar