Valdoviño prohíbe a circulación rodada no vial que leva á antiga piscifactoría de Meirás

Valdoviño prohíbe a circulación rodada no vial que leva á antiga piscifactoría de Meirás
A antiga piscifactoría está abandonada e acumúlase o lixo I DANIEL ALEXANDRE

O Concello de Valdoviño prohíbe a través dun bando a circulación rodada entre o aparcamento do areal de Mourillá e a antiga piscifactoría de Meirás sen previa autorización, como medida para evitar a entrada na zona. Continúan a demandar das administraciónes competentes unha solución definitiva ante o estado de abandono dunhas instalacións que pecharon en 2019, ao entrar a firma que a explotaba en concurso de acredores.


O espazo é obxecto de roubos e accións vandálicas e úsase como vertedoiro ilegal. O Concello tentou actuar de forma subsidiaria pero non recibiu resposta por parte da Xunta. Trátase dunha propiedade privada cunha concesión e permiso de actividade ata 2027 outorgada pola institución autonómica. Si conseguiu que o xulgado lle dese permiso para instalar sinais de advertencia do perigo pero é, indican fontes municipais, sistematicamente roubada.

Valdoviño prohíbe a circulación rodada no vial que leva á antiga piscifactoría de Meirás

Te puede interesar