Un pregón (casi) sub 21, da man da canteira do Club de Remo de Cedeira

O deporte e os seus representantes son unha parte esencial nas festas
Un pregón (casi) sub 21, da man da canteira do Club de Remo de Cedeira
As traineras de Cedeira na súa participación en Ribeira | CEDIDA

Despois de todas as medallas que levaron ao peito, son un referente no mundo deportivo. O Club de Remo de Cedeira foi elixido –xunto coa Asociación Cultural Buxainas– para dar o pregón das festas de este ano, que terá lugar  mañá as 20.30 horas na Praza do Concello. Eles serán os encargados de darlle a benvida as celebracións da localidade que xa son un referente na comarca.

 

Representatividade


O clube fixo una selección dentro das súas filas para esta ocasión. Justo Pérez, con 65 anos, é a excepción a esa media de idade tan baixa pero “fue campeón del mundo este año en el remoergómetro, y tenía que estar allí”, explica o presidente da asociación deportiva.


“Las chicas son las que más alegrías le están dando al club”, prosigue o directivo, e Raquel Rodríguez, de vinte anos, vai ser a encargada de representalas. Ela é unha das internacionais do clube, estuda en Estados Unidos e rexeitou a concentración coa selección española e a posterior competición en Canadá, que é nestas mesmas datas. 


Pola parte do banco fixo, a trainera, o encargado de levar a voz cantante será Raúl López, da misma idade que a representante feminina. Dende a dirección explican que esta decisión ven motivada pola búsqueda “de una representación completa del club”.


Asumen que, no primeiro intre, había unha reticencia na cúpula dirixente, xa que dar o pregón “es una gran responsabilidad”, pero cando llo comentaron aos seleccionados non houbo dúbidas posibles.


“Están muy ilusionados”, afirman e, despois dunha colaboración entre o consistorio local e os de remo o discurso está máis que preparado, esperando que chegue a noite de mañá. “Primero podremos escuchar un poco de la historia del club, pero vamos a usar el humor, con anécdotas que nos han ido sucediendo a lo largo de los años”, advirten os de Cedeira pero tamén se ciñen ao plano máis formal, “habrá agradecimientos al Concello y al pueblo de Cedeira por brindarnos esta oportunidad”, conclúen.
 

Un pregón (casi) sub 21, da man da canteira do Club de Remo de Cedeira

Te puede interesar