Narón recibe aos nenos saharauís do programa "Vacacións en Paz"

Narón recibe aos nenos saharauís do programa "Vacacións en Paz"
Foto dos representantes municipais no consistorio cos menores e as súas familias de acollida I Cedida

A rexedora de Narón, Marián Ferreiro, presidiu hoxe a recepción aos menores saharauís que pasarán o verán con familias de acollida da cidade dentro do programa “Vacacións en Paz”, un acto no que tamén tomaron parte representantes do resto de formacións da corporación. 

 

Así pois, Hafdala, Said, Mohamed e Ashma, de entre 8 e 9 anos, chegaron ao consistorio acompañados polas familias coas que están desfrutando dos seus primeiros días na localidade, “afastados das elevadas temperaturas que nestas datas se alcanzan nos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia”, indicou o Concello. 

 

Permanecerán na cidade ata o mes de setembro e recibiron da alcaldesa, como agasallo, unha mochila e un vale –por importe de 60 euros– para canxear por material didáctico. Ademais de desexarlles unha boa estancia en Narón, Ferreiro salientou o traballo da entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e “o papel fundamental que xogades todas as familias de acollida, que facedes posible a continuidade deste programa”.

Narón recibe aos nenos saharauís do programa "Vacacións en Paz"

Te puede interesar