Narón prepara os actos para homenaxear a memoria das vítimas do Holocausto

Narón prepara os actos para homenaxear a memoria das vítimas do Holocausto
Acto institucional de acendido de candeas no consistorio naronés en 2019 | AEC-jorge meis

O Consistorio naronés prepara, xunto coa Asociación Memoria Histórica Democrática varios actos con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto –27 de xaneiro–.


A primeira das citas terá lugar o vindeiro luns día 23. O historiador Enrique Barrera, integrante da diretiva da citada entidade, impartirá nas instalacións do CPI do Feal un coloquio para o alumnado de cuarto da ESO (16.30 horas).


Na xornada seguinte, na do martes 24, inaugurarase na Biblioteca Municipal a exposición “Galegos en Mathausen”, unha mostra que conta con corenta imaxes e diversos documentos que acreditan “as duras condicións de vida no campo de concentración”, apuntan dende o Concello. Instalarase na planta soto e estará dispoñible para a súa visita de luns a venres en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.


O executivo local informa, ademais, de que os grupos que 
desexen unha visita guiada con Enrique Barrera poden solicitarlla ao persoal da Biblioteca, a través do número de teléfono 981 382 173. A programación para conmemorar dito día finalizará o propio venres. Ás dez e media da mañán, o alumnado do CPI do Feal visitará a citada exposición e participará, posteriomente, no acto institucional de acendido de candeas, que terá lugar ás 12.00 horas no salón de plenos –cada ano elíxese un centro do municipio para tomar parte–.


Este acontecemento estará presidido, como vén sendo habitual, pola alcaldesa, Marián Ferreiro. Nel participarán, do mesmo xeito, outros integrantes da corporación local, da Asociación Memoria Histórica Democrática e dous músicos compoñentes da Asociación Cultural Musical Sementeira, que amenizarán a convocatoria. 

Narón prepara os actos para homenaxear a memoria das vítimas do Holocausto

Te puede interesar