O Concello de Narón fixo balance dos programas de conciliación que o executivo de TEGA ofertou este ano e a conta amosa que, no que vai de exercicio, houbo un total de 530 plazas ofertadas para os menores entre 3 e 12 anos.
De feito, esta semana daban comezo os Campamentos de verán do Pazo da Cultura, o programa ConciliaVerán, no CRA de Domirón, e o programa Informática Divertida (INDI), en Xuvia e nos centro cívicos das zonas rurais.
Así, dende o Consistorio explican que estas son “propostas moi variadas, dirixidas a menores a partir de 3 anos en todos os casos menos no programa INDI e a través das que queremos ofrecer ás familias unha oportunidade de conciliación coincidindo co período vacacional das nenas e nenos”, explicaron dende o goberno local.
Neste sentido, tamén incidiron en que as diferentes propostas están pensadas dende unha perspectiva “da coeducación”, tendo como eixos centráis temáticas como a igualdade e a o tolerancia ou o coidado e o respecto ao medioambiente, todo elo, apuntou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “abordado dun xeito lúdico e ao mesmo tempo didáctico”, recalcou.