Máis de 1.000 persoas secundaron o primeiro Springsteen Day ante a praia do lago pontés

Máis de 1.000 persoas secundaron o primeiro Springsteen Day ante a praia do lago pontés
Un momento do evento enmarcado na celebración do décimo aniversario da apertura da praia do lago pontés | concello

A música do artista norteamericano Bruce Springsteen foi a protagonista o pasado sábado nas Pontes con motivo da celebración do primeiro Springsteen Day, acto enmarcado na celebración do décimo aniversario da apertura da praia do lago ao público. Nese escenario desenvolveuse un evento que congregou a máis de mil persoas e no que se puido gozar dos concertos da banda asturiana Stormy Mondays e das formacións galegas DeBosses e On Fire. Un dos momentos máis especiais e emotivos da xornada chegou coa interpretación de forma colectiva da canción “No Surrender”, nunha actuación coral que contou coa participación de máis de 70 voces e que foi repetida ata en tres ocasións. 
 

O programa incluíu tamén un xantar colectivo entre moitas das persoas asistentes á cita.
 

Vicente Roca, concelleiro de Cultura, amosou a súa satisfacción polo éxito deste evento “O Springsteen Day xurdiu dun grupo de fans de Bruce Springsteen, era un reclamo para a xente que adora ao artista de New Yersey e que leva anos agardando unha nova xira. Un evento que nace con vocación de continuidade que se converteu nunha gran festa da música, onde persoas de todas as idades, procedentes de diversos puntos da xeografía galega e española, gozaron unha fantástica xornada de lecer como música rock como nexo de unión”, salientou. Desde o Concello das Pontes agradeceuse así mesmo a todas as persoas asistentes o seu comportamento e civismo, respectando o espazo natural no que se desenvolveu o concerto, deixando o espazo limpo e non provocando ningún tipo de incidente, tal e como destacaron fontes municipais.

Máis de 1.000 persoas secundaron o primeiro Springsteen Day ante a praia do lago pontés

Te puede interesar