O galo Esmeraldino, figura de Cunqueiro, animará e dará a sorpresa no Entroido fenés

O galo Esmeraldino, figura de Cunqueiro, animará e dará a sorpresa no Entroido fenés
Na imaxe o galo don Esmeraldino, obra do deseñador Carlos Sardiña

Fene vivirá mañá o seu día grande do Entroido. Para tal ocasión, recibirán, entre outros, ó galo don Esmeraldino, que participará este mércores de cinza no desfile de comparsas do Entroido de Fene. Sairá xunto co resto de comparsas, ás cinco e media da tarde, do campo da festa de Perlío. 

 

O deseñador Carlos Sardiña elaborou o galo, unha figura de cartón pedra, de case catro metros de alto. É un símbolo da luxuria exacerbada, do exceso carnal e do insaciable apetito sexual. Representa a Don Esmeraldino, personaxe do libro Merlín e Familia de Alvaro Cunqueiro. Era un vizconde de Braga, ao que lle gustaban moito as mulleres. Facía alarde público das súas conquistas e toda a cidade aplaudía esta exhibición da masculinidade tóxica. No momento en que recibe unha homenaxe, convírtese inesperadamente en galo. Para desfacer “o meigallo”, levano en peregrinaxe a Santiago de Compostela. Pero o galo escapa e vai a diferentes galiñeiros en Meira, onde fai unha última travesura, creando unha raza de galiñas especialmente poñedoras. Ao ser apreixado, morre na Praza do Obradoiro, diante da catedral. 

 

 

Don Esmeraldino participa coa comparsa A Santa Compaña de Radio Fene e do laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Acompañan ao galo, máis de 20 galiñas e 90 raposos e raposas, na súa maioría nenos que asisten as clases no laboratorio artístico fenés. As máscaras dos raposiños, confecionadas en Laudas Calamity, non deixarán indiferente a ninguén.

 

 

 

O galo Esmeraldino, figura de Cunqueiro, animará e dará a sorpresa no Entroido fenés

Te puede interesar