A Deputación da Coruña presenta un libro de banda deseñada sobre o mosteiro de Caaveiro

A Deputación da Coruña presenta un libro de banda deseñada  sobre o mosteiro de Caaveiro
Os presentes recibiron un exemplar do libro I Cedida

A Deputación presentou na delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) o libro de banda deseñada “Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das Fragas do Eume”. O evento contou coa participación dos autores da obra, Delio Rodríguez Ces, Ismael Blanco Bouza e Lois Gómez Souto, así como de expertos que fixeron posible a rehabilitación do inmoble e o seu actual proceso de musealización: Celestino García Braña, Isabel Aguirre Urcola e Ángel L. Alonso Méndez.

Diputacion Banda Deseñada Mosteiro Caaveiro (2)
Cedida

Durante a presentación, o deputado de Patrimonio, Xosé Penas, sinalou que se trata de “algo máis que un comic, converteuse nun libro, unha guía, unha insignia do traballo feito, da historia feita traballo e do traballo por vir”. O responsable provincial apuntou tamén que “o cómic percorre a historia do mosteiro, pero tamén percorre a historia das persoas, a historia en definitiva deste país, dende os eremitas iniciais, pasando polo noso Reino de Galiza ata o traballo de Don Pío e o rescate por parte da Deputación para crear como digo eu moitas veces, xunto con Dombate e o Castelo de Vimianzo ese triángulo máxico do patrimonio provincial”.


Así pois, a publicación –editada pola Deputación–, é un traballo de divulgación histórica que sintetiza a evolución do mosteiro ao longo das diferentes épocas e estacións do ano, facendo unha metáfora da súa transformación no tempo.

Diputacion Banda Deseñada Mosteiro Caaveiro (1)
Cedida

O inmoble, que conserva partes da súa igrexa románica e da súa torre barroca, é un monumento “que se mantén atemporal, coas pegadas das distintas épocas da historia da arquitectura”, sinalan desde o organismo provincial, engadindo que o libro “ofrece unha nova mirada a este monumento tan emblemático, para entendelo tamén como parte da paisaxe natural e cultural das Fragas do Eume”.


A Deputación da Coruña encargouse desde o pasado ano 2002 da rehabilitación e conservación deste mosteiro, culminando agora co proceso de musealización. 

A Deputación da Coruña presenta un libro de banda deseñada sobre o mosteiro de Caaveiro

Te puede interesar