A Confraría de Cedeira mellora a súa eficiencia enerxética grazas ás axudas autonómicas

A Confraría de Cedeira mellora a súa eficiencia enerxética grazas ás axudas autonómicas
Un instante da visita á lonxa cedeiresa I Xunta

A Confraría de Pescadores de Cedeira viviu recentemente unha serie de actuacións nos seus equipamentos pesqueiros e nas instalacións portuarias. Para coñecer, precisamente, estes proxectos de modernización, a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou onte a vila cedeiresa, un encontro no que estivo acompañada pola xefa territoritorial da Consellería do Mar en Celeiro-Lugo, María del Carmen Gueimunde, e pola vicepatroa do pósito, Magdalena López.

 

Así pois, Aneiros comprobou en persoa os traballos para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca que se acometeron na lonxa, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (Femp).

 

Precisamente, este mesmo ano leváronse a cabo obras con cargo ás axudas do Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia 2019-2023, por valor de 38.600 euros. Inclúese, explican dende o goberno galego, unha aportación para a modernización do sistema de apertura da fábrica de xeo (3.228 euros), que tamén se está a dotar dunha instalación fotovoltaica “gracias a unha achega autonómica de 32.356 euros”. 

 

Ademais, a Confraría contará cunha subvención de 3.000 euros para a adquisición dunha máquina hidrolimpadora para a loxa. “A Confraría de Pescadores de Cedeira é unha das entidades da provincia que más axudas recibiu ao abeiro deste Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros. Concretamente lle foron concedidos preto de 570.000 euros en axudas. A achega de maior importe, 507.700 euros, percibiuna en 2020 para a mellora da eficiencia enerxética da fábrica de xeo mediante a renovación de parte da instalación frigorífica”, lembrou Aneiros.


 

Novo Plan

A Consellería do Mar presentou recentemente o Plan correspondente ata 2030, onde se recolle a estratexia para o que queda de década en materia de modernización de portos, lonxas e establecementos autorizados para a primeira venda, así como dos lugares de desemarque.

 

O documento reflicte que se contará, a partir do 2024, con “máis de 34,7 millóns de euros en recursos, onde o 70% virán da man do noco Fempa” e o resto serán asumidos pola Xunta.

A Confraría de Cedeira mellora a súa eficiencia enerxética grazas ás axudas autonómicas

Te puede interesar