O Concello de Neda abrirá unha vía de comunicación entre o Camiño Vello e o lugar da Bacela

O Concello de Neda abrirá unha vía de comunicación entre o Camiño Vello e o lugar da Bacela
Estado actual do camiño, que se convertirá en estrada I CEDIDA

O Concello de Neda adxudicou por 79.348 euros as obras de apertura dunha vía entre o Camiño Vello e o lugar da Bacela, na zona de Xuvia. Ata o de agora existía un acceso peonil sen pavimentar que dará paso a unha estrada nuns terreos cedidos á administración local. 


A pista, indican desde o goberno, terá unha lonxitude de algo máis de 50 metros e dará servizo a novas vivendas que se van construír na zona. De feito, son as cesións obrigatorias derivadas da obtención de licenzas urbanísticas para a construción de varias casas as que permiten acometer esta obra, que se leva a cabo con cargo ao POS Adicional, da Deputación da Coruña.


A firma SYR-AMG S.L. foi a adxudicataria da intervención que inclúe, ademais da escavación e desmonte da caixa da vía, cuns 8,5 metros de ancho, a súa pavimentación con aglomerado en quente e a implantación de servizos urbanísticos xerais como saneamento e abastecemento de auga, electricidade, alumeado público e telecomunicacións.

O Concello de Neda abrirá unha vía de comunicación entre o Camiño Vello e o lugar da Bacela

Te puede interesar