O Concello de Cabanas presenta elagacións ao plan das Fragas

O Concello de Cabanas presenta elagacións ao plan das Fragas
O parque natural das Fragas leva anos pendiente da aprobación do devandito Plan Reitor | aEC

O Concello de Cabanas vén de presentar as súas alegacións e suxerencias ao documento de modificación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e de aprobación do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que se atopa en exposición pública até o próximo 29 de decembro.


Desde o Concello denúnciase a “demora e inacción” que caracterizaron o proceder da Xunta de Galiza na tramitación do necesario instrumento que regula os usos e a xestión deste espazo protexido, que ocupa algo máis do 22% do conxunto do territorio do termo municipal de Cabanas, e solicitan unha exposición pública “adaptada ao perfil das persoas afectadas”, subliñan. Tamén solicitan que inclúa a realización de reunións e actos presenciais nos que se poidan resolver dúbidas.


O PRUX das Fragas do Eume sometido a exposición pública propón unha zona de reserva –a de maior protección– do 3,63% do total da extensión do Parque Natural, o que non só supón unha redución do 8% (24,46 hectáreas menos) respecto á normativa actualmente vixente, senón que tamén resulta “pouco ambiciosa” nun documento que pretende servir para a protección do medio natural. “Entendemos a redución da superficie de reserva como unha falta grave con ausencia de motivación, e un claro retroceso desde o punto de vista da conservación dun entorno con tan altos valores ambientais”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de Medio Ambiente no concello de Cabanas, Iago Varela.


Carencias importantes


Denuncian desde o goberno municipal de Cabanas  nas súas alegacións –de igual xeito que fixeron hai uns días entidades ecoloxistas de Galicia– a ausencia de mecanismos de compensación para as persoas propietarias afectadas polos cambios nas políticas forestais e as prácticas que se veñen desenvolvendo no interior das Fragas do Eume, e lembran que o Parque está principalmente en mans privadas (o 80% do territorio), onde tamén predomina o minifundismo. “Os cambios na política forestal no interior do parque conlevan unhas consecuencias económicas que non poden recaer sobre as e os pequenos propietarios”, sinalou Varela, quen pediu “que se establezan mecanismos de compensación, incluíndo tanto pagos directos como a financiación e desenvolvemento de iniciativas de custodia do territorio”.


Desde o Concello de Cabanas denúnciase tamén que o orzamento –dous milóns en dez anos– que se consigna sexa o mesmo que vén aplicándose na actualidade, malia que o PRUX incorpora numerosos obxectivos e directrices orientados á mellora do coñecemento científico do parque, a conservación do patrimonio cultural, a mellora da diversidade, a aposta pola educación ambiental, a substitución das masas de eucalipto, o incremento da vixilancia ambiental, entre outras. Cuestións que “dificilmente poderán levarse a cabo sen a correspondente dotación orzamentaria”, subliñan desde o Concello cabanés. 

O Concello de Cabanas presenta elagacións ao plan das Fragas

Te puede interesar