A Cea de Mulleres de Narón reuniu a máis dun cento de participantes

A Cea de Mulleres de Narón reuniu a máis dun cento de participantes
A alcaldesa xunto ás catro mulleres homenaxeadas | concello

O restaurante Casa Becerra convertiuse o venres no escenario de celebración da Cea das Mulleres de Narón, que reuniu a máis dun centenar de persoas. A cita serviu para homenaxear a catro Mulleres do Ano do municipio. Así, xunto á galardoada desde 2023, a empresaria Eva María Pena Novo –propietaria de Calzados Mara–, tamén se fixo o propio xunto coas nomeadas nos tres anos anteriores, nos que, debido á pandemia, non se celebrou a cita. Así, a profesora Julia Rodríguez, a integrante de Protección Civil Manoli Castro e a presidenta da AVV Virxe de Fátima e vicepresidenta da Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros, Maribel Mouriz, recibiron por sorpresa este recoñecemento público.


Vídeo


O acto incluíu a proxección dun vídeo cunha entrevista a cada unha delas. Todas tiveron ademais a oportunidade de dirixirse ao resto de mulleres que as acompañaron no evento.


A alcaldesa, Marián Ferreiro, entregoulles un ramo de flores e dirixiuse a elas para lles expresar que “nos sentimos moi orgullosas de cada unha de vós”. Aludiu así mesmo á actriz naronesa Iolanda Muíños, encargada de conducir o acto, que tamén conta coa Distinción de Muller do Ano de Narón desde 2013. “As vosas traxectorias son un exemplo para moitas de nós e tamén para outras persoas que non puideron acompañarnos hoxe”, dixo.

A Cea de Mulleres de Narón reuniu a máis dun cento de participantes

Te puede interesar