O BNG comarcal homenaxea a Manolo Doval, alcalde de Ares de 1987 a 1991, pola súa xubilación

Entre os máis de cen asistentes á cea estiveron presentes rexedores e deputados no Parlamento galego
O BNG comarcal homenaxea a Manolo Doval, alcalde de Ares de 1987 a 1991, pola súa xubilación
Manolo coa súa filla, Alba I Cedida

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra homenaxeou o pasado venres a Manolo Doval, histórico militante da organización, con motivo da súa xubilación. Doval, quen fora alcalde da localidade na que reside, Ares, no mandato de 1987 a 1991, ocupou tamén a tenencia de Alcaldía entre 1995 e 1999 e durante unha década e media foi deputado provincial. 


No acto, ao que, ademais de compañeiros de formación política, asistiron tamén amizades e familiares, Doval fixo un repaso da súa traxectoria no nacionalismo, ao que chegou, dixo, grazas a Pepe Coira e a Xaquín Marín. 


O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a responsable comarcal do BNG, Pilar Lozano, tiveron palabras de gratitude cara a Doval, polo seu compromiso e lealdade coa formación da que, subliñou o propio homenaxeado, seguirá formando parte e colaborando como un militante de a pé.

DOVAL1


Doval “foi e continúa a ser unha referencia no nacionalismo galego en Ferrolterra”, asegurou Lozano, que resaltou o feito de que “sempre traballou desde un compromiso militante firme, con humildade, xenerosidade e vocación de servizo. Fixo país cada día, desde o traballo constante, discreto e imprescindible”.


Entre os máis de cen asistentes á cea, que tivo lugar nun dos seus recantos favoritos, Chanteiro, estiveron os tres alcaldes do BNG en Ferrolterra –o amentado Secundino García; a fenesa Sandra Permuy e a modestina Beatriz Bascoy–, así como outros compañeiros que tiveron esa responsabilidade noutras épocas –Juventino Trigo e Xaime Bello–;  os deputados do Parlamento galego Xosé Manuel Golpe e Mon Fernández, e a deputada provincial Cristina García

O BNG comarcal homenaxea a Manolo Doval, alcalde de Ares de 1987 a 1991, pola súa xubilación

Te puede interesar