O mosteiro de Santa Catalina acolle máis teatro clásico: “El milagro de Santa Eulalia” e “Antígona”

Este mesmo sábado, ás 20.00 horas, interpretarase a sátira de Darío Fo
O mosteiro de Santa Catalina acolle máis teatro clásico: “El milagro de Santa Eulalia” e “Antígona”
O escenario será o mosteiro de Santa Catalina, en Ares | JORGE MEIS

A terceira edición do Ciclo de Teatro Clásico que organiza este mes o Concello de Ares en colaboración coa Casa de Castilla La Mancha de A Coruña e máis coa Asociación de Amigos del Monasterio de Santa Catalina continúa esta tarde de sábado, ás 20.00 horas, coa peza “El milagro de Santa Eulalia”.


Esta sátira de Darío Fo, interpretada polo grupo Ave Fénix baixo a dirección de J. R. Martín, é o segundo dos tres encontros que propón o programa deste ano, que novamente volve ofrecerse de balde, nun escenario único como é o mosteiro aresán de Santa Catalina.


Todas as sesións teñen unha periodicidade semanal, coincidindo sempre en sábado, de­senvólvense á mesma hora e están dirixidas por J. R. Martín. A primeira representación levou “Anfitrión” á escena, a comedia latina de Plauto, que foi interpretada polo colectivo Corzo Producciones, que tamén se ocupará da seguinte representación: “Antígona”. Esta proposta terá lugar o sábado 19 e será a derradeira desta terceira edición do programa, que nesta ocasión se clausura coa exhibición dunha traxedia grega de Sófocles. 

O mosteiro de Santa Catalina acolle máis teatro clásico: “El milagro de Santa Eulalia” e “Antígona”

Te puede interesar