Que sexan medio ambientais

Fai catro días no momento que estou a escribir este artigo, a Organización meteorolóxica Mundial (OMM) comunicaba, que o 20 de xuño do 2020 a cidade rusa de Verkhoyn¡anks situada no Ártico alcanzaba o rexistro máis alto de temperatura, dando un rexistro de 38ºC. As científicas por medio de Clare Nullis (voceira da OMM) aseguran que, sen o cambio climático isto sería totalmente imposíbel, xa que, estas temperaturas son propias da zona do Mediterráneo e no do Ártico, Un Ártico que segundo as expertas quentase ao dobre de velocidade, que a media do planeta.

Tamén segundo a OMM por medio de Petteri Taalas secretario xeral da organización, os gases de efecto invernadoiro (GEI) na atmósfera alcanzaron un novo record no 2020 a pesar da pandemia e as restricións, chegando as 413,2 pares por millón (ppm) e situándose case ao 150%por enriba dos niveis pre-industriais. No ano 2015 alcanzabamos as 400 ppm e so en 5 anos, xa superamos as 413 ppm de CO2.

Ao mesmo tempo a ONU por medio da súa axencia par a alimentación e a agricultura, o 9 de decembro deste ano emitía un informe, que avisa que o do deterioro do solo, da auga e da terra vai por en risco a alimentación para os 10 mil millóns de persoas que se esperan que haxa no planeta no 2050. O director da organización Qu Dongyu avisa ,que os modelos actuais de produción agro alimentaria, están a demostrar que non son sostíbeis e que están levando aos recursos da Terra xunto co planeta cara a un punto crítico, o que pode provocar ademais de desastres medio ambientais ,unha loita por controlar os recursos e producir novos conflitos sociais.

Máis nos as galegas nestas datas xa estamos imbuídas polo ambiente destas festas, as cales, caracterízanse por ser as máis consumistas de todo o ano e onde a preocupación para a maioría vai ser, as comidas e ceas sinaladas, as roupas e para a rapazada o poder ou o non poder saír de festa pola noite este novo ano vello. Por desgraza o problema medio ambiental, non vai ser o que predomine no pensamento da maioría das cidadáns da Galiza.

Xa para rematar, as galegas como cada ano que esta a punto de terminar e outro que vai comenzar os propósitos que sempre nos impoñemos para o ano que comenza, pensemos en propósitos medio ambientais de todo tipo, tales como, deixar o carro aparcado e movernos de xeito sustentábel, reducir o consumo de carnes, apoiar os produtos locais e de proximidade, reducir os envases e mercar mais a granel etcétera, para deste xeito, ademais de reducir a nosa pegada ecolóxica, tamén mandarlle un aviso aos políticos, de que debemos mudar o sistema se queremos seguir habitando o planeta.


Que sexan medio ambientais

Te puede interesar