A hospitalización con covid volve baixar en medio dun aumento de casos activos

A hospitalización con covid volve baixar en medio dun aumento de casos activos

A incidencia do coronavirus na área sanitaria de Ferrol continúa medrando, con 522 persoas que teñen na actualidade a infección por SARS-CoV-2 e con preto de medio cento de novos positivos detectados en 24 horas (foron 46). Porén, baixa de novo o número de pacientes que están ingresados no Arquitecto Marcide, con seis en pranta (dous menos que o día anterior) e dos que precisan coidados intensivos.

O número de persoas falecidas desde o inicio da pandemia mantense en 238, oito delas na onda na que estamos inmersos e que aínda non tocou pico. O último falecemento con covid que se coñeceu foi o dunha muller de 87 anos o 13 de decembro.

No eido municipal xa só quedan os concellos de Moeche e de Mañón sen ter casos de coronavirus nas últimas dúas semanas (a unha semana vista tamén está nesta situación Cariño). Por riba dos nove positivos (que é cando o Sergas detalla a situación) están Ferrol, Narón, Fene, As Pontes, Ares, Neda, Cabanas, Monfero e As Somozas. Deles, superan os 300 puntos de incidencia, que marcan un nivel de transmisión alto e moi alto se se pasa de 500, Ferrol, Ares, Cabanas, Monfero e As Somozas. En localidades de pouca poboación este índice non é fiable. 

A hospitalización con covid volve baixar en medio dun aumento de casos activos

Te puede interesar