Estamos a vivir desde fai dous anos e un día (no momento que estou a escribir este artigo), xa que, o inicio da pandemia da Covid-19 calculase que foi o 1 de decembro do 2019 en China, un momento histórico na humanidade que ninguén se podía imaxinar e que parece que imos ter que esperar aínda bastante para ver o final. Posiblemente isto do lonxe en ver a fin desta situación, sexa máis polo descarado negocio no que xa se convirtió a Covid-19, que na súa solución real si se quer.
Agora con esta nova variante nada no continente africano, un continente que aínda apenas foi vacinado, estase a falar de novo de un posíbel confinamento e do posíbel retorno das medidas duras para controlar a expansión do virus, algo lóxico xa que hai posibilidade de volver a saturar e colapsar os hospitais.
Máis pola contra, a pesar de que se coñece o motivo da aparición deste virus da Covid-19, séguese por parte dos políticos sen tomar as medidas necesarias para non so frear esta pandemia como sería a vacinación prioritaria dos países sen recursos, se non de frear a aparición de novos virus que estase a comprobar que cada vez son mais virulentos.
Puidemos ver fai apenas unhas semanas, o fracaso do cumio do clima de Glasgow, onde neste cumio había máis lobistas dos combustíbeis fósiles ou do agro negocio que políticos e onde os acordos que se tomaron van incluso por detrás dos acordados no cumio de París. Cumio este, que debía ser o referente no proceso da transición as enerxías mal chamadas limpas.
Máis o mundo segue e xa estamos ante un novo natal, onde algún feirante metido a alcalde, xa esta un ano máis co tema das luces, sen lembrarse do cambio climático e sen darse de conta dos verdadeiros problemas que ten a cidadanía no seu territorio.
Mais a pesar distes persoeiros máis propios dun programa de Telecinco, que do debate político, nós a cidadanía termos que ter a responsabilidade, a cal como estamos a ver non teñen os nosos dirixentes políticos.
Neste natal como no resto do anos, debemos apostar por consumir produtos locais e de tempada para evitar o kilometraxe das mercadorías e a produción masiva, que como sabemos, pouco ben faille ao planeta e as súas habitantes
Debemos apostar por consumir produtos do pais en tódolos ámbitos e mercalos como non, ao comercio local, ao comercio de proximidade, a Xoana e a Xosé que levan anos co comercio ao carón da nosa casa.
Termos que apostar asimesmo polos produtos que xeran valor e fornecen a economía local. E como non, debemos apostar no caso dos xoguetes, por xogos galegos e en galego, algo que hoxe en día termos a noso alcance en multitude de comercios. Xogos que fornezan o sentimento identitario do noso pobo, quer das pequenas quer das familias para deste xeito ter claro, quen somos e a onde queremos chegar.