lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Unha rémora para a humanidade

estudos recentes falan que a especie humana pode ter algo mais de 300 mil años e os comportamentos modernos nos humanos case a metade destes. Pola contra as relixións apenas teñen pouco máis de uns miles de anos. A nosa especie aturou moitas complicacións para perpetuarse e chegar á época actual. Desde o principio tivemos problemas para alimentarnos, ser cazados por outros depredadores, problemas para reproducirnos, pestes, ata tivemos que cambiar a nosa bioloxía, para poder seguir perpetuándonos. E so fai uns poucos miles de anos aparece un todopoderoso, o cal ata entón, estivo calado e desaparecido. E dinos que nos quere moito, mais bótanos encima todo tipo de maldicións bíblicas, para que poidamos conseguir a nosa salvación. Curioso non.

Porque parece que a relixión ten un forte apego ao dor e ao sufrimento. Cabe recordar que ata principios dos 80 do século pasado na Galiza, aínda pedíaselles as mulleres cando morríalles o compañeiro o famoso luto. Unha especie de marca social, onde as mulleres obrigábaselles a por fin a calquera relación afectiva e sexual con outra persoa. Ademais o luto ía acompañado de misas cada certo tempo, para seguir urgando na ferida e seguir producindo dor en base ao non esquecemento. Porque parece que o sadismo é o lev motiv do catolicismo.

Máis agora parece que seguimos nas mesmas e so hai que escoitar ao alcalde de Madrid o Sr Almeida do PP, como non, dicindo que hai que retornar a lei do aborto do ano 1985 e que a obxección de conciencia nos médicos é positivo.

Primeiro de nada dicir que a obxección de conciencia neste tema, non ten nada que ver coa obxección de conciencia da nosa mocidade a mediados- finais do século pasado coa famosa mili, nin ten nada que ver con unha vexetariana ou unha vegana que deciden non comer animais, nin ten que ver con unha persoa que non fai a declaración da renda polo gasto militar. Esta obxección de un determinado grupo de médicos é por motivos relixiosos. É dicir: Por un fraude, o cal, intentase pór por enriba, do coñecemento e da verdade científica. Podemos acordar que un médico néguese a realizar un aborto por motivos relixiosos?. Si é valido. Máis ese médico non pode estar no servizo onde se realizan estas operacións e moito menos, pedir el o traslado a este. Si está nese servizo e non declarou que é obxector, ten que ser expulsado inmediatamente da sanidade pública. Así de sinxelo.

Porque xerarcas da Igrexa de Roma: Moito preocuparse polos dereitos dos no nados cando son nada máis que grumos de graxa, mais cando nacen, parecen que estes perden os dereitos e calquera integridade. Senón miremos o que esta a descubrirse na Francia: Un grao de area na inmensa praia

Unha rémora para a humanidade

Te puede interesar