Defensa persoal

Sempre pensei que as mulleres en xeral deberían facer agún tipo de preparación de “defensa persoal”, para evitar se converter en obxectivo fácil, para tanto descerebrado covarde, como anda polo mundo adiante e, por iso, alegroume moito ler no noso xornal o anuncio dun curso de “Defensa persoal feminina” que se vai organizar en Ferrol neste mes de novembro. Non teño nin idea de en que consistirá a preparación para este curso, pero coido que debería ter unha primeira fase psicolóxica para mentalizar ás participantes nas súas posibilidades e na súa lexitimidade de defensa, perante unha situación de perigo. Mais seica se trata de romper con mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción. Partindo desta premisa, haberá que ter moi en conta as circunstancias que poden debilitar mentalmente o raciocinio dunha posible vítima. Ou sexa que, neste sentido, a receita ideal sería: nada de drogas, alcol o mínimo, moito músculo, xenio e figura e plantar cara sen medo, utilizando cabeza, mans, pes e dentes, se necesario for. E ter en conta que a “valentía” do agresor está en relación co medo da agredida. Ante unha resposta contundente, non serán tan “valentes”. Moito ánimo rapazas e a participar!! Pois si.

Defensa persoal

Te puede interesar