lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Teatro, roseiras e defensa persoal nas actividades contra a violencia machista

Os actos institucionais desenvólvense o día 25 –na imaxe, o do ano pasado– ante a estatua de Concepción Arenal | d.a.

O Concello de Ferrol conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25-N) con actividades nas que terá un especial protagonismo o teatro, para diversos públicos e en varios formatos. Tamén haberá os actos institucionais e simbólicos de cada ano (como a plantación de roseiras polas vítimas mortais) e un curso de defensa persoal.

O Concello de Ferrol súmase ademais á rede promovida desde a Deputación da Coruña, baixo o título “De fronte”, que conta con 88 municipios da provincia adheridos á campaña.

O programa de actividades comezará o día 22 coa iluminación do teatro Jofre en cor violeta, un acto que se manterá ata o 29 de novembro (incluído). Ao día seguinte, 23, comezarán as funcións teatrais, neste caso dirixida a centros escolares. No Auditorio Municipal representarase “Sofía e as post-socráticas”, unha peza de Inversa Teatro sobre a violencia machista e as súas causas estruturais.

O día 24, no Jofre, levarase a escena a obra “Atrapadas”, dirixida a todos os públicos, mentres que o 26 e o 27 serán pezas de microteatro as que se desenvolvan en distintos locais de hostalería da cidade, de 20.45 a 23.45. En total, serán 14 sesións de 15 minutos cada unha delas.

A última función teatral será o 30, de novo dirixida a centros educativos, co título de “Invisibles”.



Acto institucional


O propio 25 de novembro farase unha plantación de roseiras ao pé da estatua de Concepción Arenal, na avenida de Esteiro, en homenaxe ás mulleres asasinadas este ano. Lerase alí a declaración institucional.

Outro pé das actividades é o do curso de defensa persoal, que se desenvolverá o día 27 no pavillón da Malata, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración con Concello de Ferrol. É unha actividade que adoita ter moi boa resposta. 

Teatro, roseiras e defensa persoal nas actividades contra a violencia machista

Te puede interesar