Xa abonda

Vivimos nunha comarca que se atopa nun profundo declive pola falta de traballo, como consecuencia do desmantelamento do sector naval, e a non reconversión industrial, a cal, tiña que traducirse co afloramento dun novo tecido produtivo. Cada vez máis, a falla de xente moza debido a que cando esta está en idade de forxar as súas vidas, non lles queda outra que coller as maletas, está a producir un desaxuste demográfico terríbel. Isto está a influír negativamente no consumo, o que leva ao peche do comercio, un dos motores de emprego desde fai tempo na nosa comarca, máis tamén na Galiza. E indubidábel que o consumo da xente moza, a cal esta en idade de formar a súa propia vida, é un consumo máis produtivo desde o punto de vista da economía e da xeración de emprego, que o consumo da xente que xa termos unha idade e máis ou menos, xa termos postos os mobles na casa.


Máis a pouca industria que queda e o pouco emprego de calidade, tamén esta a sufrir as dentelladas dos políticos de Madrid, que polo visto non queren que a comarca subsista. Refírome as traballadoras-es de Electrorayma, as-os cales, levan un tempo manifestándose, esixindo simplemente que Navantia e a empresa, séntense na mesa e cheguen a un acordo, xa que están en perigo 150 empregos, xa que están en perigo 150 familias. Traballadoras-es que xa se lles debe un par de nóminas debido a que a empresa non ten cartos, porque Navantia non asume a factura do AAOR feito na cidade, no cal Electrorayma participou nos traballos. Un sobre custe provocado, polos continuos cambios nos planos do proxecto, que levou a empresa a ter que facer máis horas para entregar o traballo.


Máis un preguntase: Onde esta esa “comunista” ferrolana desde fai un tempo tan mediática e convertida na Robin Hood femenina da esquerda española? É que non coñece a problemática destas traballadoras-es e as súas familias, as cales, xa levan un tempo baixo o xugo da agonía e o estress, causado pola incerteza laboral que están a padecer? É que non coñece nas loitas que está metido o seu propio sindicato na comarca de Ferrolterra, neste caso en Electrorayma?.


En definitiva, xa fai mais de un século as Irmandades da Fala, xa deixaron claro que o nacionalismo era o único camiño posíbel, para que na Galiza as súas xentes, puidesen vivir con dignidade e estar no mapa global dos países, xogando coa mesma baralla que os demais actores.


Porque como dicía Castelao no seu libro Sempre en Galiza “Hespaña é un país multiforme que non pode rexirse cun criterio uniformista, porque na loita de intreses locaes a lei unica siñifica un privilexio para os máis fortes ou os máis astutos, e, polo tanto produce a ruína de rexións pequenas ou mal apadriñadas”.


Por favor xa abonda.

Xa abonda

Te puede interesar