O Galego Soto líder da Patagonia Rebelde

Hai un século da segunda folga dos traballadores rurais da Patagonia arxentina, que comezou a mediados de setembro de 1921 e rematou traxicamente no mes de decembro, coa masacre na facenda “La Anita” e posteriormente noutras “estancias” (facendas). Calcúlase que perante o paro foron fusilados (asasinados) entre 300 e 1.500 peóns polo exército. Nestas folgas tivo un papel destacado o ferrolán Antonio Soto Canalejo, que será homenaxeado o xoves nesta cidade pola CIG, a CTA-a de Arxentina e a CUT de Chile.


Soto chegou a Bos Aires con 13 anos, no 1910. Na gran cidade do Río da Prata (xa tiña dous millóns de habitantes), o conflito laboral estoupa na Semana Tráxica” no ano 1919. Para deter as mobilizacións, utilizase a represión militar e policial, con detencións, centos de obreiros feridos e mortos, e expulsións do país. En 1920 Antonio Soto viaxa a Rio Gallegos, capital do territorio de Santa Cruz, na Patagonia Arxentina, que tiña só 20.000 habitantes (un 20% procedentes do Estado Español, moitos galegos/as). Aos poucos días asiste a unha asemblea da Federación Obrera da localidade. Fala, os asistentes comprenden axiña que ten madeira de dirixente, pídenlle que quede... ao pouco tempo é elixido Secretario da Federación.


O “Gallego “ Soto era un home alto, din que falaba unha mistura de castelán e galego, polo cos peóns non lle entendían todo o que dicía, porén era tanta a forza que transmitía que todos o seguían. El facía as otavelas, elaboraba as proclamas e redactaba as táboas reivindicativas, e ía a cabalo a acotío percorrendo as “estancias”.


Comenzan as loitas, as folgas... primeiro na hostalaría, despois no frigorífico, logo entre os peóns do campo. Estes últimos eran na maioría “chilotes” (chilenos da illa de Chiloé, durante a colonia Nueva Galicia), así como europeos, que traballan en condicións feudais. Non teñen leito no que se deitar, carecen de velas, as instrucións dos botiquíns están en inglés (nacionalidade da maioría dos grandes propietarios). Comenza a folga e o Governo envía tropas militares. Varela, o oficial cas comanda impón un acordo de compromiso. Os patróns non o cumpren, e a folga reiníciase,... e remata en traxedia. Tamén será Varela a cabeza da represión.


Son cercados na facenda “La Anita”. Soto propón marcharse aos montes e seguir desde alí a folga, xa que non quere ser presa fácil ante unha morte que considera segura, como sucedeu. Perde a asemblea, polo que fuxe a Chile cabalgando día e noite, seguido por un grupo de chilotes. Alí fundará anos despois o Centro Galego en Punta Arenas.

O Galego Soto líder da Patagonia Rebelde

Te puede interesar