Diálogo de xordos

Seica se van reunir representantes dos gobernos do Estado e de Cataluña, para falar sobre o que uns esixen e os outros non poden conceder. Supoño que os entendidos en política xa estarán a facer “quinielas” sobre o resultado dese “encontronazo”, que na miña opinión só pode ser unha “X”, tratándose dun diálogo de xordos. Iso semella que podería ser como o conto aquel do acólito que lle pedía a “petaca” ao cura, mais neste caso, a “petaca” está fora do alcance dos dialogantes, pois hai moitas normas e leis que impiden o cambio de propietario. E, xa que logo, para que esa xuntanza? Pois por unha banda, para que uns traten de desprestixiar aos outros cunha especie de propaganda, contra o “Estado Represor”; e pola outra, para facer unha “contra propaganda” cara a opinións externas, mostrándose como o pai bonachón, que non lles pode dar o “caramelo”, pero vailles ofrecer un feixe de privilexios que é o que realmente queren os “monaguillos”, pois non hai que perder de vista aquel dito de que, “la pela es la pela”. Mais se a cousa fose levada con intelixencia, se cadra, poderíase falar da posibilidade dun “Estado Federal” a longo prazo, pero iso non sería aceptado polos que queren a vía “unilateral” xa. E como eu da política non entendo, seguirei apostando pola “X”. E xa se verá, non é?

Diálogo de xordos

Te puede interesar