Mudar de opinión

Hai xa tanto tempo, que non me lembro si fora na “Codorniz” ou nalgunha outra publicación, onde había unha sección que dicía: “En la fracción de un segundo, cambia la opinión del mundo”. Isto pode vir a conto na actualidade, pois semella que hai unha profunda mudanza de opinión sobre a xuventude de hoxe que, ata hai pouco, estaba considerada como “a mellor preparada de todos os tempos” e que agora parece que son un fato de impresentables que só pensan en se ateigar de alcol e drogas e bailar cos ritmos máis frenéticos do momento. É dicir, que se converteron en algo así como “chatarra humana”, sen respectar normas ni leis, disfrutando como bestas duns dereitos que para os demais negan. Pois ben, eu non vou entrar a xulgar a ninguén, porque coido que nin eran antes tan bos, nin son agora tan malos. E iso tendo en conta ademais, que non se pode meter a todos no mesmo saco, pois a cotío temos coñecemento de xente nova, como exemplo de superación, de abnegación e de axuda aos demais. Evidentemente, non se pode negar que hai unha certa cantidade de “chatarra”, que se nota moito, porque fan moito ruído. En calquera caso, esta “chatarra”, como moitas outras cousas, é susceptible de ser “reciclable”. E xa se sabe: “O reciclador que os reciclase, bo reciclador sería”. Ou non é?

Mudar de opinión

Te puede interesar