Turistas

É certo que aínda queda parte da temporada por diante, pero xa vemos como a presenza dos turistas comeza a amainar e a primeira impresión, vista desde fóra do sector, é que en Ferrol e na nosa comarca as expectativas de gasto de moitos hostaleiros non se cumpriron. É certo que tivemos moita xente da capital do reino de España e do sur que, basicamente, buscaban tranquilidade e escapar das altas temperaturas, pero alén do aloxamento, “viñan cos cartos medidos”. Precisamente agora debera haber unha suma, por parte dos distintos concellos e administracións, para acordar un modelo de turismo de calidade fronte o do Mediterráneo e sería interesante saber datos oficiais desta campaña. É evidente que o futuro inmediato vai cambiar, incluso para a poboación local. Evitar disfuncións, subas especulativas dos alugamentos ou servizos municipais colapsados deberan formar parte dos asuntos a resolver a curto prazo.


Turistas

Te puede interesar