Colonización

Coido que Ferrol e os ferroláns estamos a vivir nun prolongado sistema de colonización, protagonizado polo Departamento de Defensa do Estado Español, pois que practicamente dependemos das necesidades militares da nosa Armada ou das Armadas doutros países. Por iso, cando esas necesidades non son inmediatas, os nosas gradas quedan baleiras e os traballadores sen traballo, coa consecuencia de instalacións case abandonadas e o potencial técnico en fase minguante. E por que? Será porque os estaleiros deben estar sempre dispostos para facer buques de guerra no momento en que se necesiten? E mentres, os “recursos humanos” perden actualidade porque non se pode volver á construción civil. Eu non sei se é porque está prohibido ou porque non se pode competir cos estaleiros asiáticos, pero a crúa realidade é que non hai traballo, e que o Departamento de Defensa ocupa unha parte importante do solo municipal, cun importante número de edificacións inservibles, sen pagar os debidos impostos, e por riba, tendo que pagarlle para recuperar o que é de Ferrol por dereito propio. É dicir, se isto non é colonización, paréceme que non lle falta moito, non si? E a todo isto, os cataláns din que España lles rouba, a eles que de todo teñen mentres a nós todo nos falta. Pois xa está ben home!!

Colonización

Te puede interesar