Rúa da Igrexa

aespera de solucionar as alegacións aos orzamentos municipais, incluída esa “curiosa” do PP pola porta traseira, estes días estamos vendo como xa non estamos atrapados en resolver as situacións máis complicadas da pandemia e acabou, tamén, a situación de bloqueo total que viña da anterior Corporación.

Como mostra, a presentación do proxecto de reurbanización da rúa da Igrexa, que presentaba aos medios o concelleiro Julián Reina. E aí vese como os proxectos de cidade, os que de verdade importan, por algunha “estraña” razón vanse atrasando no tempo. O proxecto orixinal, hoxe reformulado, arranca do mandato do alcalde Irisarri e do, entón, concelleiro de urbanismo Ángel Mato.

Todos sabemos da importancia e seriedade desta intervención necesaria, que necesitará do seu xusto tempo. Pero, a nova rúa Igrexa será un pulo de primeira orde para o centro de Ferrol e para o propio comercio local.


Rúa da Igrexa

Te puede interesar