Albaneses

Hai que felicitar ao Diario de Ferrol pola cabeceira de onte. Igual parece unha bobada, pero levar na portada o tráfico de persoas, neste caso mozos albaneses, serve como chispazo á nosa conciencia, que máis no verán está bastante laxa.

Xa teño comentado que quen temos a sorte de ter “unha vida normal” dános a impresión de que en Ferrol nada acontece. Hai uns meses houbo unha redada contra outra mafia que traficaba e prostituía a mulleres e que non causou debate ningún, nin nos estamentos políticos nin nos sociais da cidade. A solidariedade vai tamén por barrios.

Pero, volvendo aos polisóns albaneses que ían cara ao Reino Unido, as autoridades e a Xunta, en primeiro lugar, deben reforzar os medios materiais e humanos da policía portuaria. Así como dispoñer medios suficientes para asistir ás vítimas, porque - sobre todo - isto é un problema de respecto aos dereitos fundamentais de cada persoa.


Albaneses

Te puede interesar