Pancho

Tivemos a gran sorte de coñecer a Pancho. Un xoven exemplar de esbelto e colorido pavo real, que fuxindo dos ciumes e malos tratos do seu pai, aterrou no tellado da señora Genara. ¡Un refuxiado faunístico!

Alí dende o primeiro momento sínteuse seguro, querido e coidado sin ser obrigado a perder a súa esencia. Sen cadeas, sen gaiolas, sen donos, vagaba ó seu libre albedrío por todo o lugar, voltando sempre á casa da nonaxenaria.


Houbo entre ambos unha conexión que non podemos explicar, mais cando se miraban ós ollos;ela vía beleza, vigor, sensualide, xuventude, liberdade,e él empatía, respeto, familia, amistade, hospitalidade e xenerosidade.


Quizás os dous vían no outro, parte do que perderán,do que precisaban, do que ansiaban atopar de novo. Hai xa un tempo que faltan os dous. Nos sabemos que siguen xuntos, amosando ao mundo tantos valores perdidos, simplemente a través do seu sinxelo e eterno amor natural.

Pancho

Te puede interesar