Curiosas diferenzas

Hai uns días autoridades bielorrusas instaron ou obrigaron a aterrar en Minks un avión de Ryanair que, desde Atenas, se dirixía a Vilnius. O motivo foi, ao dicir dos bielorrusos, que se recibira unha ameaza de bomba que, entre outras cousas, podía afectar a unha planta nuclear. O presidente, Alexander Lukashenko, xustificou a acción en aras de protexer a xente e de asegurar a seguridade do seu país. Hai quen, no seu día, acreditou de cheo na existencia de armas de destrución masiva no Iraq e non dá creto ningún a esta declaración. A primeira acción causou a destrución dun país e moreas de mortes. Esta levou á detención -arbitraria?- de dúas persoas que viaxaban no avión. Penso que os feitos non resisten nin unha mínima comparación. Non obstante, o caso iraquiano saldouse sen sancións para os invasores e neste tardaron un nada en se faceren efectivas. Poucos días antes deste incidente asistimos angustiados ás operacións de destrución e morte na Franxa por parte do exército israelí. Non vimos ningunha caste de sancións. Se acaso algunhas palmadiñas no lombo. Israel tiña dereito a defenderse, escoitamos. Bielorrusia non? E España? U-las sancións a Marrocos?

Curiosas diferenzas

Te puede interesar