Centos de persoas enchen o Jofre na celebración da Gala do 8 de Marzo

Centos de persoas enchen o Jofre na celebración da Gala do 8 de Marzo
Jofre Gala de la mujer

O Jofre encheuse para a celebración da gala do Día Internacional da Muller Traballadora, que serviu para exhibir o traballo formativo que se leva adiante desde a concellería e tamén para facer unha homenaxe institucional a dúas loitadoras polos dereitos sociais de ampla traxectoria: Sari Alabau e Mari Morado.
A función no teatro, –con presenza do alcalde, Jorge Suárez, e da tenente de alcalde, Beatriz Sestayo–, comezou ás sete da tarde e prolongouse durante unhas tres horas. Nese tempo puidose coñecer o traballo que se fai en obradoiros como os de danza oriental ou teatro, canto, informática, fotografía ou estimulación cognitiva. En persoa ou a través de imaxes e vídeos, as usuarias da Casa da Muller amosaron os seus progresos. Contouse ademais coa actuación da actriz Maite Dacosta e da formación musical Bea Rivas & Kaizen.

letras e poesía
Os actos polo 8 de Marzo continuarán aínda esta semana, cunha charla sobre nutrición, este xoves, ás sete, na Casa da Muller. Estará impartida por doutoras do CHUF. O venres, ás oito, dentro do ciclo \“Venredadas\”, Amargo Sueco presentará \“De Revista\”, con Cristina Moreira e Lúa Gándara. O 30 ás doce do mediodía charlarase sobre estereotipos e experiencias policiais e xudiciais e o 31 rematarase cun recital poético, ás 19.30, de Estrela da Capela, Rosa de Dios e Ángeles Delgado. Os campamentos urbanos de Semana Santa tamén se centrarán na igualdade.

Centos de persoas enchen o Jofre na celebración da Gala do 8 de Marzo

Te puede interesar