Perto de 400 cativos da comarca inician hoxe o curso nas galescolas da Xunta

Perto de 400 cativos da comarca inician hoxe o curso nas galescolas da Xunta
Diario de Ferrol-2014-09-04-009-3c274e50

Perto de 400 cativos de entre 0 e 3 anos comezarán hoxe o curso 2014/2015 nos sete centros da comarca pertencentes á rede autonómica da Galiña Azul. Os 82 que están matriculados na escola infantil de Esteiro, localizada no barrio de Recimil, adían uns días o comezo do curso para poder rematar a súa posta a punto.
Cando esta escola construída no marco dun convenio da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Amancio Ortega serán 474 as prazas públicas que ofrece a Xunta na comarca. Deste xeito, á de Esteiro súmanse outras 82 na escola de Catabois, 41 en Caranza, 53 no centro (Virxe de Chamorro), así como as 61 de Fene, as 58 de Cedeira, as 56 de Ares e as 41 de Ortigueira.
Estas matrículas representan o 5,4% do total que ofrece a Consellería en Galicia, 8.783 en 147 centros.
Ás prazas da rede da Galiña Azul hai que engadir aquelas dispoñibles nos 124 centros de titularidade municipal, outros 56 dependentes de entidades de iniciativa social e arredor dun milleiro de parazas do chamado cheque infantil, o que eleva a máis de 19.200 familias as que poderán contar neste curso cunha praza de 0 a 3 anos sostida con fondos públicos.
Unha das novidades do presente curso, ademais do incremento da oferta, é a exención total da cota a partir do segundo fillo matriculado na mesma escola infantil para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais. Tamén fican exentos s menores tutelados pola Administración ou garda n situación de acollemento familiar.

máis prazas
A Consellería de Traballo e Benestar lembrou onte que nos vindeiros meses aumentará o numero de prazas vencelladas a 26 novos proxectos que se atopa en distintas fases de execución. En concreto, serán 1.552 prazas.
Dúas desas futuras escolas da rede autonómica da Galiña Azul están ubicadas na comarca. A segunda de Fene, que está en construción, ofercerá 41 novas prazas, e a de Pontedeume, con capacidade para 74, está, segundo informou onte o departamento que dirixe Beatriz Mato, na tramitación previa ao comezo das obras. n

Perto de 400 cativos da comarca inician hoxe o curso nas galescolas da Xunta

Te puede interesar